Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en Castrelos (Vigo) o 7 de maio de 1895 e finado na mesma cidade Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.
Traxectoria Foi mordomo, taxista, pintor e finalmente xornalista e fotógrafo. Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e na escola de Xornalismo de El Debate. Foi redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, correspondente da Axencia Logos e colaborou noutras publicacións. Como fotógrafo participou na fundación da Agrupación Fotográfica Gallega e recibiu algúns premios. Foi un dos primeiros xornalistas que escribiu en galego.A mirada dos espazos. Cara unha antropoloxía visual Museo Etnolóxico de Ribadavia. Obras
¡Que no se acabe esta noche!.
Unha lenda de San Amaro, con Xesús Conde González. Notas
Véxase tamén Bibliografía Artigo "CONDE GONZÁLEZ, Benedicto" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Outros artigos Xesús Conde González
Ligazóns externas «Benedicto Conde, decano de los periodistas gallegos» El País'', 1987 .
Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes