Melvyn Edouard Hesselberg, nado en Macon, Xeorxia o 5 de abril de 1901 e finado en Nova York o 4 de agosto de 1981, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Nado nunha familia de orixe xudía por parte de pai (aínda que segundo a súa autobiografía non o soubo ata a súa adolescencia), nunca acabou o instituto.

Comezou a súa carreira interpretativa na súa mocidade, ata chegar a debutar en Broadway en 1930 e no cinema no ano seguinte.

Tras a segunda guerra mundial comezou a facer papeis máis maduros, e nos anos cincuenta triunfou na televisión, coa serie Steve Randall e brevemente coma presentador de Blind Date.

Gañou en dúas ocasións o Oscar ó mellor actor secundario, en 1963 por Hud e en 1979 por Being There.

Finou de pneumonía en 1981.

Filmografía Ano Filme 1931 Tonight or Never1932 Prestige 1932 The Wiser Sex 1932 The Broken Wing 1932 As You Desire Me 1933 The Vampire Bat 1933 Nagana 1933 Counsellor at Law 1934 Woman in the Dark 1934 Dangerous Corner 1935 She Married Her Boss 1935 Mary Burns, Fugitive 1935 Annie Oakley 1936 The Gorgeous Hussy 1936 Theodora Goes Wild 1937 Captains Courageous 1937 I Met Him in Paris 1937 Angel 1938 There’s Always a Woman 1938 The Toy Wife1938 Fast Company 1938 That Certain Age 1938 The Shining Hour 1939 Tell No Tales 1939 Ninotchka 1940 Too Many Husbands 1940 Third Finger, Left Hand 1940 This Thing Called Love 1941 That Uncertain Feeling 1941 A Woman’s Face 1941 Our Wife 1942 We Were Dancing 1942 They All Kissed the Bride 1943 Three Hearts for Julia 1947 Sea of Grass 1947 The Guilt of Janet Ames 1948 Mr. Blanding Builds His Dream House 1949 Un segredo de muller 1949 The Great Sinner 1951 My Forbidden Past 1951 On the Loose 1962 Billy Budd 1963 Hud 1964 Advance to the Rear 1964 The Americanization of Emily 1965 Rapture 1965 Once Upon a Tractor 1966 Lamp at Midnight 1967 Hotel 1968 Companions in Nightmare 1970 I Never Sang for My Father 1971 Death Takes a Holiday 1972 O candidato 1972 Two Is a Happy Number 1976 The Tenant 1977 Twilight’s Last Gleaming 1977 Intimate Strangers 1979 The Seduction of Joe Tynan 1979 Being There 1980 O final da escaleira 1980 Tell Me a Riddle 1981 Ghost Story 1981 The Hot Touch

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Macon, Xeorxia Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa