Edith Norma Shearer, nada en Montreal o 10 de agosto de 1902 e finada en Woodland Hills, California o 12 de xuño de 1983, foi unha actriz canadense.
Traxectoria Pasou a súa infancia en Montreal, onde se interesou pola música. Non obstante, tras ver un vodevil no seu noveno aniversario decidiu converterse en actriz. Tras o divorcio dos seus pais en 1920, marchou coa súa nai e a súa irmá a Nova York para buscar traballo no teatro.
Os seus primeiros traballos foron como extra en películas da Universal Pictures.
Chegou a Hollywood en 1923, asinando un contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer, da que foi unha das primeiras estrelas.
Na súa primeira proba de cámara para unha película coincidiu co produtor Irving Thalberg, que quedou moi impresionado con Shearer e a converteu na súa protexida. Casaron en 1927, tras converterse ela ao xudaísmo.Lambert, Gavin Norma Shearer: A Biography, pp. 321–324
Shearer xa era unha actriz coñecida cando chegou o cinema sonoro, e foi unha das actrices que logrou facer a transición desde o mudo. Cansa de ter unha imaxe de “boa rapaza”, convenceu o seu marido para protagonizar The Divorcee en 1930. Con este filme gañou o Oscar á mellor actriz. Tras este papel continuou interpretando personaxes sensuais nos anos anteriores ao Código Hays.
Tras varios fracasos, retirouse en 1942.
Filmografía Ano Filme 1921 The Stealers1923 The Wanters 1924 He Who Gets Slapped 1927 The Student Prince in Old Heidelberg 1929 The Trial of Mary Dugan 1929 The Last of Mrs. Cheyney 1929 Their Own Desire 1930 The Divorcee 1930 Let Us Be Gay 1931 Strangers May Kiss 1931 A Free Soul 1931 Private Lives 1932 Smilin’ Through 1932 Strange Interlude 1934 Riptide 1934 The Barretts of Wimpole Street 1936 Romeo and Juliet 1938 Marie Antoinette 1939 Idiot’s Delight 1939 The Women 1940 Escape 1942 We Were Dancing 1942 Her Cardboard Lover
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Actores do Canadá Categoría:Nados en Montreal Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Modelos femininas do Canadá Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Canadenses de ascendencia irlandesa Categoría:Canadenses de ascendencia escocesa