O salmonete de rocha, ou barbo, (Mullus surmuletus) é unha especie de peixe perciforme da familia Mullidae. Encóntrase no mar Mediterráneo e o Atlántico Norte. A súa cor no lombo entre rosado e vermello deulle o nome popular de 'salmonete' ('pequeno salmón'). Ademais desta especie, recibe o nome de salmonete o salmonete de lama (Mullus barbatus).

Características thumb|left|Salmonetes de rocha en El Portús (Cartaxena). O salmonete de rocha acostuma habitar as zonas rochosas e areosas, a maioría das veces na interfase entre area e pedras. Acostuma encontrarse en grupos e rara vez hai exemplares solitarios. Ten un corpo de entre 15–25 cm de lonxitude con grandes escamas. Buscan o alimento ulindo cos seus bigotes o leito mariño.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Os peixes na cultura popular galega

Ligazóns externas Estudo da Universitat Politècnica de Catalunya Ficha en pescaderiascorunesas.es

Categoría:Perciformes Categoría:Animais descritos en 1758