Benito Casasnovas Rodríguez, nado en Ribadavia o 6 de maio de 1886 e finado en Ponteareas o 1 de setembro de 1972, foi un político socialista galego.
Traxectoria Emigrado en América, retornou nos anos dez do século XX. Foi presidente da Sociedade Agraria de Ribadavia (1916) e da Federación de Sociedades Agrarias do Partido de Ribadavia en 1920.La Voz de Galicia, 8-9-1920, p. 2. Trasladado a Ponteareas, fundou a Agrupación Socialista de Ponteareas da que foi elixido o seu primeiro presidente en 1924 e asistiu ao XVI congreso de UGT de 1928 como delegado de dous sindicatos de Ponteareas.
II República Durante a República foi elixido concelleiro polo PSOE e despois nomeado deputado provincial. Dirixiu o voceiro socialista Renovación. Foi elixido alcalde de Ponteareas o 11 de maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse en casas de amigos, despois pasou á casa dun irmán en Ribadavia, logo a Santiago de Ribarteme na casa dun crego coñecido da familia onde pasou un ano escondido. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación o 24 de agosto,El Pueblo Gallego, 24-8-1936, p. 2. e foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Logo, amparado polos edictos do gobernador que chamou a presentarse aos fuxidos sen delitos de sangue, regresou a Ponteareas, e pasou unha tempada en Vigo.
Exilio Finalmente saíu do país por Salvaterra de Miño e pasou a Portugal, onde permaneceu un ano, embarcando finalmente para Nova York en 1940, grazas a axuda da JARE que abonou o importe da pasaxe, de onde marchou a México arribando a Nuevo Laredo o 17 de xullo de 1941. En México DF formou parte do Grupo Galego da UGT e da Agrupación de Refugiados Socialistas Gallegos do PSOE. Traballou na farmacia propiedade de Alejandro Viana Esperón, outro exiliado tamén de Ponteareas, e despois nunha empresa de obras públicas que construía a estrada Panamericana no istmo de Tehuantepec en Oaxaca. Tamén foi xerente do hotel Diligencias de Veracruz. En 1955 trasladouse a vivir co seu fillo a Oaxaca.
Visitou Ponteareas a finais da década dos cincuenta, e regresou definitivamente a Galicia en 1967. Viviu entre Vigo e Ponteareas, onde morreu en 1972.
Vida persoal
Casou con María Camba Fernández, que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Departamento de Migración de México
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes