San Xián da Pereiriña é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 724 habitantes (364 homes e 360 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 862 habitantes (439 homes e 423 mulleres). En 1999 tiña 907 habitantes.

É unha parroquia predominantemente agrícola e forestal. Está atravesada pola ruta seguida polos peregrinos que tras facer o camiño de Santiago se achegan a Fisterra.

No alto de San Pedro consérvase unha pequena capela, cunha fonte preto dela.

Historia Coa reforma parroquial da diocese de Santiago de 1867, A Pereiriña anexou a parroquia de Codesos, formada polo lugar homónimo e mais o de Vilanova.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Pereiriña

Parroquias de Cee

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cee

Categoría:Parroquias de Cee Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián