Ruslán Olégovich Ponomariov (ucraíno: Русла́н Оле́гович Пономарёв), nado o 11 de outubro de 1983 en Horlivka, Unión Soviética e actual Ucraína, é un mestre de xadrez, campión do mundo entre 2002 e 2004.
Traxectoria Comezou a competir en xadrez moi xove, quedando 3º no Campionato do Mundo sub-12 en 1994, con 10 anos, e gañándoo ao ano seguinte. En 1996 gañou o Campionato de Europa en categoría sub-18 e ao ano seguinte o Campionato do Mundo na mesma categoría. Gañou o título de Gran Mestre en 1998, con 14 anos, sendo o xogador máis xove en acadalo ata o momento.
En 2002 derrotou ao seu compatriota Vasili Ivanchuk na final do Campionato do Mundo da FIDE por 4,5-2,5, sendo o Campión do Mundo máis xove da historia do xadrez. En 2004 acadou o ouro na Olimpíada de Xadrez de Calvia co equipo ucraíno. Ese mesmo ano chegou á final da Copa do Mundo, que perdeu ante o armenio Levon Aronian, repetiu o mesmo posto na Copa do Mundo de Janti-Mansisk en 2009.
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo biográfico .
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Xadrecistas de Ucraína Categoría:Campións do mundo de xadrez Categoría:Xadrecistas do século XXI Categoría:Grandes Mestres de xadrez