No Doubt é un álbum de estrea da banda estadounidense de ska punk No Doubt, publicado o 17 de marzo de 1992 a través do selo Interscope Records. Orixinalmente foi gravado como unha edición independente, pero regravouse despois de que o grupo asinase con Interscope.
O disco foi lanzado durante un período no cal Estados Unidos estaba centrado principalmente na música grunge, un xénero dominado pola angustia que era case todo o contrario ao son optimista e comercial de No Doubt. A pesar das xiras, o álbum non funcionou tan ben como esperaba a discográfica, vendendo só 30.000 copias. O selo rexeitou financiar a publicación dun sinxelo do álbum, polo que No Doubt editou independentemente o seu único sinxelo, "Trapped in a Box". A banda entón rompeu con Interscope e editou independentemente o álbum The Beacon Street Collection en 1995. Este traballo comportouse mellor comercialmente, vendendo unhas 100.000, polo que Interscope financiaría o seu terceiro disco, Tragic Kingdom''.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de No Doubt Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums de Interscope Records Categoría:Álbums de estrea