O termo hiato pode referirse a:

En gramática un hiato é a unión de dúas vogais que non forman ditongo e que xa que logo non están na mesma sílaba. En galego, forman hiato as vogais fortes ("a", "e", "o") e cando se rompe un ditongo colocando un acento pois dúas vogais contiguas nunha secuencia forman parte de sílabas diferentes. Por exemplo: Aéreo: a-é-re-o, nesta palabra a-e forma hiato tanto como e-o. Raúl : ra-úl, nesta palabra a-u forma hiato, por esta razón o “ú” acentúase. En anatomía, un hiato é unha abertura ou buraco de diversas formacións anatómicas.