O Resurrection Fest é un festival musical que se celebra anualmente na vila lucense de Viveiro dende o ano 2006. O festival céntrase na música metal, hardcore e punk. Dende o seu nacemento converteuse nun dos festivais máis importantes de España debido á súa especialización na música extrema. No ano 2013 estableceu o seu récord de asistencia con 33 000 persoasFaro de Vigo - El Resurrection Fest opta a Mejor Festival en los European Festival Awards 2013 , sendo o seu impacto económico na zona de 3,3 millóns de euros. No 2015 foron máis de 54 500 as persoas que acudiron ao evento e o impacto incrementouse a 6.15 millóns de euros.La organización estima que el Resu ha dejado 6,15 millones en Viveiro

Ao longo de toda a súa historia, nos seus escenarios actuaron máis de 300 bandas, entre elas grupos de renome internacional como Korn, Motörhead, Kiss, Scorpions, Rammstein, In Flames, Black Label Society, Megadeth, Anthrax, Slayer, Cannibal Corpse, NOFX, Lamb of God, Refused, Testament, Five Finger Death Punch, Trivium, Down, Sick of It All, Bad Religion, Bullet for My Valentine, Heaven Shall Burn, Pennywise, Hatebreed, At the Gates, Dead Kennedys, Exodus ou Black Flag entre outros.

Carteis Bandas confirmadas nas diferentes edicións do festival: 2006 Datas: 18 de novembro

2007 Datas: 17 e 18 de agosto

2008 Datas: 1 e 2 de agosto

2009 Datas: 31 de xullo e 1 de agosto

2010 Datas: 29, 30 e 31 de xullo

2011 Datas: 28, 29 e 30 de xullo

2012 Datas: 2, 3 e 4 de agosto

2013 Datas: 1, 2 e 3 de agosto

2014 Datas: 31 de xullo e 1, 2 de agosto

2015 Datas: do 15 ao 18 de xullo Cartel Resurrection Fest 2015

2016 Datas: do 6 ao 9 de xullo

2017 Datas: do 5 ao 8 de xullo

2018 Datas: do 11 ao 14 de xullo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Óscar Rilo

Categoría:Festivais de música en Galicia Categoría:Viveiro