Gerardo Gasset Neira, nado na Pobra do Caramiñal en 1899 e finado no pazo de Vistalegre (A Ponte Ulla, Vedra) o 2 de maio en 1969,La Voz de Galicia, 4-5-1969, p. 20 foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Eduardo Gasset Chinchilla, vencellado á Torre de Xunqueiras. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira diplomática en 1930 e ocupou postos diplomáticos no Perú e Portugal. Foi crítico do xornal El Imparcial, colaborou en Galicia e despois da guerra civil en El Pueblo Gallego. Como escritor estivo moi influenciado, aínda que dun xeito superficial, por Valle-Inclán.
Obras El impresionable. Novela, 1921. A la deriva. Proceso de una vocación, 1925. Reeditada polo museo Valle-Inclán de Pobra do Caramiñal en 2001. Nuestra Señora de Gundián. Misterio en una jornada y dos cuadros , 1945. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Avogado, diplomático e narrador de A Pobra El museo pobrense reedita un libro de Gerardo Gasset Neira
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxesCategoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1969