Kramatorsk (en ucraíno: Краматорськ) é unha cidade ucraína situada no óblast de Donetsk, no leste da Ucraína.
Esta cidade é un importante centro de enxeñaría mecánica na Ucraína. Kramatorsk foi residencia de moitas persoas importantes como: Leonid Bykov, Joseph Kobzonv ou o campión mundial do FIDE, Ruslan Ponomariov.
Demografía Kramatorsk actualmente ten unha poboación de 173,700 habitantes e ten unha área metropolitana de 203,100 habitantes. A lingua rusa é a dominante en Kramatorsk: Un 63.4% de cidadáns falan ruso, mentres só un 36.0% falan ucraíno.
Segundo o censo de poboación de 2001, a composición étnica de Kramatorsk é: Ucraínos: 70.2% Rusos: 26.9% Belarusos: 0.7% Armenios: 0.6% Azerís: 0.2% Xudeus: 0.1%
Historia A cidade evolucionou grazas á estación ferroviaria da cidade en 1868, grazas a isto, converteuse nunha cidade moderna de importancia rexional e centro industrial.
Transporte Tranvía - Dende 1937, 5 liñas. Trolebús - Dende 1971, 4 liñas.
Galería de Imaxes
Categoría:Cidades de Ucraína