El Rebelde, foi un periódico editado en Pontevedra entre 1913 e 1914.

Historia e características Un sector do Partido Republicano Radical de Pontevedra amosouse en desacordo coa moderación do partido e un grupo de militantes fundaron o Partido Radical Autónomo de Pontevedra, que ingresou na conxunción republicano-socialista. A raíz da visita a Pontevedra do líder radical Alejandro Lerroux en maio de 1913, os militantes do Partido Radical Autónomo protagonizaron unha protesta contra Lerroux na ponte da Barca.El Norte de Galicia, 10-10-1913, p. 3. Para contrarrestar o órgano do partido, La Libertad, editaron o periódico El Rebelde, subtitulado Quincenario Republicano Radical, que apareceu o 15 de xuño de 1913. A partir do número 9, do 15 de outubro, cambiou o seu título por Rebelde co subtítulo Quincenario Republicano Radical Autónomo,La Libertad, 2-11-1913, p. 2. e dende o número 12, do 1 de decembro, pasou a ser Quincenario de la Unión Republicana. Dirixido por Manuel Torres Iglesias, o administrador era Bernardino González Paz.El Progreso, 4-10-1913, p. 1. Por un artigo publicado no número 12 o seu director foi demandado por calumnia e inxurias graves ao marqués de Riestra.El Progreso, 3-12-1913, p. 2.Noticiero de Vigo, 3-12-1913, p. 2. Foi suspendido por orde gobernativa en marzo de 1914.Marín, 5-4-1914, p. 3. O director, Manuel Torres, foi procesado e xulgado en febreiro de 1916 por inxurias e calumnias a Ángel Míguez.La Libertad, 10-2-1916, p. 1. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1913 en Galicia