Volvendo con Os Tamara é un álbum de estudio do cantante galego Pucho Boedo, publicado en 1982 baixo o selo Ruada. Foi gravado nos estudios Audiofilm, de Madrid, en maio de 1982.
O disco publicouse logo do abandono do cantante do grupo Los Tamara, aqueixado de problemas renais. Entre as colaboracións do mesmo contou con Prudencio Romo e Paco Montero (Los Tamara).
O álbum reeditouse no ano 2000 en CD polo selo Dial-Doblón.
Lista de cancións
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do álbum en lafonoteca.net
Categoría:Álbums musicais de 1982 Categoría:Álbums de Pucho Boedo