Atepomarus é un deus celta da curación. En Mauvières (Indre), o deus romano Apolo foi asociado con este deus na forma de Apolo Atepomarus. Nalgúns santuarios de Apolo (como Sainte-Sabine, Burgundia) pequenas figuras de cabalos estaban asociadas a el.

A raíz celta "epo" quere dicir "cabalo", e o epíteto é traducido como "Gran xinete" ou "posuidor dun gran cabalo".

Véxase tamén Bibliografía Dictionary of Celtic Myth and Legend. Miranda Green. Thames and Hudson Ltd. Londres. 1997 Animals in Celtic Life and Myth‏, Miranda Green‏, Routledge‏

Ligazóns externas Atepomarus en celtnet

Categoría:Deuses galos Categoría:Deuses da saúde