Ximonde é un lugar da parroquia de San Miguel de Sarandón no concello coruñés de Vedra. Segundo o IGE en 2018 tiña 28 habitantes (13 mulleres e 15 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 36 habitantes.
Patrimonio Pazo de Ximonde. De finais do século XVIII, é un edificio en forma en escuadra que se desenvolve cara á súa parte posterior. Polo menos unha parte da zona posterior debe corresponder ao último terzo do século XVI, momento en que cabe encadrar o escudo. Aos lados da portada corren sartas de froitos que vinculan a obra con Compostela. No que foi o patio interior, pódese admirar a fachada barroca en figura de "L", un fermoso soportal e a solaina do primeiro piso. No patio hai dúas fontes, unha delas encaixada no edificio. Destaca na fachada o escudo cos brasóns dos Cisneros.
En 1776 Carlos III de España concedeulle o Condado de Ximonde a Xoán Antón Cisneros de Castro e da Barrera (1747-1798), rexedor da cidade de Santiago de Compostela e señor do Couto de Ximonde.
Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Sarandón
Parroquias de Vedra
Ximonde