A Banda municipal de Carballo é un conxunto musical da vila de Carballo fundado en 1984. Ten máis de cincuenta membros, e ensaian no Pazo da Cultura de Carballo. Estivo dirixida por José Barros Sada até 1996 e por Vicente Pérez Planells até a súa xubilación en 2015, Dende setembro do ano 2021 está dirixida polo carballés Javier Bardanca.
Dende a súa creación realizou actuacións por toda Galicia e gravacións para a Radio Galega. En 1999 gravou un disco con temas e estilos moi diversos e no 2000 gañou o concurso de xoves intérpretes da Xunta de Galicia, cun concerto que se recolle nun disco editado pola propia Xunta. Tamén gravou un disco no programa Outra+Outra 2006 da fundación Paideia e co patrocinio da deputación da Coruña.
Directores Vicente Pérez Planells (1984-1986) José Barros Sada (1986-1996) Vicente Pérez Planells (1996-2016) Rafael Espido Lata (2017-2021) Javier Bardanca Castro (2021)
Notas
Carballo Categoría:Cultura en Carballo