O pacto dos lobos (en ) é unha película de ficción baseada nos feitos históricos referentes á Besta do Gévaudan. Estreouse en galego na TVG o 5 de novembro de 2009.
Sinopse Rexión do Gévaudan (sur de Francia), ano 1766. Xa fai dous anos que unha besta ten aterrorizada ás xentes da zona, cos seus ataques a persoas, en especial mulleres e nenos. As xentes falan dun lobo de colosal tamaño, quen sabe se un dragón... incluso se fala do Demo.
As noticias destes crimes inexplicables acaban chegando á Corte, a oídos do rei Lois XV de Francia, quen pon prezo á súa cabeza. Moitas son as batidas que se organizan, e moitos son os lobos asasinados, pero a Besta segue cometendo as súas horrendas carnicerías...
O cabaleiro Grégoire de Fronsac, home culto e de mundo, naturalista que traballaba para o rei chega ó Gévaudan unha noite de outono coa misión de facer un retrato da Besta, e eventualmente, disecala unha vez cazada. Pero non vén só: acompáñao Mani, un indio mohawk que coñecera en Nova-Francia, durante a Guerra dos Sete Anos. Ambos serán recibidos en casa do Marqués de Apcher e o fillo deste, Thomas, fará grande amizade con eles, guiándoos nas batidas e acompañándoos nos salóns dos nobres da zona. Nestas reunións coñecerán os herdeiros dos Condes de Morangias (a familia máis poderosa do lugar), Marianne e Jean-François, apaixonado da caza e das viaxes que perdeu un brazo en África.
Entre batidas e recepcións, chega o inverno, pero a Besta non deixa de matar... Ata que Louis XV, farto ante a falta de resultados, decide enviar ó seu lugartenente de caza, Antoine de Beauterne, quen mata un gran lobo que Grégoire de Fronsac debe disecar e enviar á corte, a pesar de estar plenamente convencido de que esa non é nin con moito a besta que están a buscar.
Grégoire de Fronsac é reclamado polo rei, quen lle prohibe volver ó Gévaudan; porén, e respondendo ás peticións de Thomas de Apcher, desobedece para participar nunha derradeira batida, que Mani liderará, utilizando ancestrais técnicas chamánicas. Pero nada lles preparara para o que van vivir...
Personaxes Samuel Le Bihan como Cabaleiro Grégoire de Fronsac Vincent Cassel como Jean-François de Morangias Émilie Dequenne como Marianne de Morangias Monica Bellucci como Sylvia Jérémie Renier como Marquis Thomas d'Apcher Mark Dacascos como Mani Jean Yanne como Conde de Morangias Jean-François Stevenin como Henri Sardis Jacques Perrin como Thomas d'Apcher (vello) Édith Scob como Condesa Geneviève de Morangias Johan Leysen como Antoine de Beauterne Bernard Farcy como Intendente Pièrre-Jean Laffont Hans Meyer como Marquis d'Apcher Virginie Darmon como La Bavarde Philippe Nahon como Jean Chastel Eric Prat como Capitán Duhamel Jean-Loup Wolff como Duque Gontrand de Moncan Gaspard Ulliel como Louis Dee Bradley Baker como os efectos vocais da besta
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Christophe Gans Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes de artes marciais Categoría:Filmes sobre lobos Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego