Darío Ulloa Varela, nado en Pontevedra en 1848 e finado en Madrid o 13 de setembro de 1903,El Diario de Pontevedra, 15-9-1903, p. 2.La Correspondencia Gallega, 15-9-1903, p. 2. foi un xornalista e maxistrado galego.

Traxectoria Foi director de La Idea (1870), redactor de El Radical, participou en Biografías gallegas. Historia y hechos de los personajes más importantes del pais (1876) e colaborou en El Heraldo Gallego. Trasladouse a Madrid, onde foi redactor de La Iberia e La Correspondencia de España e redactor e logo director de La Izquierda Dinástica. Licenciouse en Dereito e seguiu a carreira xudicial: foi xuíz municipal dun dos distritos de Madrid, fiscal en Filipinas, foi maxistrado da Audiencia de Ponce (Porto Rico) e en 1897 da Audiencia da Habana.El Regional, 16-9-1897, p. 2.

Retornado á península Ibérica foi xuíz de Santander, dun dos distritos de Barcelona e despois presidente da Audiencia de Bilbao; en agosto de 1903 foi nomeando maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña.La Voz de Galicia, 5-8-1903, p. 2.

Foi irmán de Carlos Ulloa Varela, Renato Ulloa e Torcuato Ulloa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos