O Cid, a lenda (en ) é un filme español de animación dirixido por José Pozo, que se estreou no 2003. Baséase na historia lendaria de Rodrigo Díaz de Vivar, tamén coñecido como O Cid.

Contou coa participación de profesionais da factoría Bren Entertainment, sita en Santiago de Compostela, nun labor centrado na animación 3D. Foi editado en DVD con son en galego.

Sinopse Rodrigo ten ante si un futuro prometedor. Fillo dun nobre castelán, edúcase na corte na compañía do seu mellor amigo Sancho, o primoxénito do monarca Fernando I. Mais tras a morte do Rei, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Afonso. Desterrado de Castela e deshonrado, Rodrigo emprende cos seus fieis unha arriscada aventura.

Personaxes PersonaxeActor orixinalActor de dobraxe en castelánActor de dobraxe en galegoNarrador–Juan Antonio BernalAntón OlmosRodrigo Díaz de Vivar "O Cid"Alex WarnerManel FuentesGonzalo FaíldeDona XimenaAmber OckrassaNatalia VerbekeAna LemosDon Diego LaínezChris HoodManolo GarcíaAlfonso ValiñoRei Alfonso VIJames PhillipsJuan Antonio BernalAntón OlmosInfanta doña UrracaMolly MalcolmLoles LeónBeatriz GarcíaPríncipe SanchoJonathan BrownSergio ZamoraMiguel PernasConde GormazCarlos CastanonSancho GraciaPaco BarreiroFáñezToby HarperEduard FareloMatías BreaGarcésRichard FelixMiguel Ángel RodríguezAntón CancelasAl-MutamanJonathan BrownDaniel GarcíaNacho CastañoConde OrdóñezRobert PattersonCarlos LatreAntón JaBen YussufJoshua ZamryckiAntonio MourelosRei Fernando IRobert LongArsenio CorsellasFermín EncinarVoces adicionais––Tuto Vázquez e Gonzalo Rey Chao +FichaEstudioStudio XXI S.L. (A Coruña)

Galardóns e nomeamentos 2003: Nomeado na 2ª edición dos Premios Mestre Mateo ó mellor filme 2003: Premios Goya: Mellor filme de animación. 2004: Festival de Annecy: Sección oficial longametraxes a concurso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no soportal do audiovisual galego.

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por José Pozo Categoría:Filmes baseados no Cid Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego