William "Bill" Vukovich (Serbio: Bil Vuković, Бил Вуковић), nado o 13 de decembro de 1918 en Fresno (California), e finado o 30 de maio de 1955 en Indianápolis, foi un piloto serbio-americano de carreiras de automóbiles. Gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1953 e 1954, máis outras dúas carreiras do campionato nacional da American Automobile Association. Varios pilotos da súa xeración referíronse a Vukovich como o piloto máis grande xamais visto no automobilismo estadounidense.Bill Vukovich at espn.com
Era coñecido indistintamente como "Vuky" ou "O Tolo ruso" (malia que detestaba ese nome, porque a súa ascendencia era iugoslava) polo seu estilo intenso de condución, así como o "Serbio mudo " pola súa fría actitude. Tamén se lle coñece como o "Fresno flash" nos anuarios da Indy de Floyd Clymer.
Andaina
Coches Midget Antes de comezar nas carreiras Indy, Vukovich pilotaba un midget do equipo Edelbrock. Correu na Costa Oeste dos Estados Unidos na URA, e gañou a serie do campionato midget en 1945 e 1946. Vukovich gañou en 1948 o Turkey Night Grand Prix no Gilmore Stadium, e seis das últimas oito carreiras na pista do estadio antes de que fose pechado definitivamente.Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame, Retrieved January 4, 2007 En 1950 gañou o campionato Midget da AAA.
500 Millas de Indianápolis En 1952, o seu segundo ano na carreira das 500 millas no Circuíto de Indianápolis, avanzou rapidamente desde a súa posición inicial no medio da terceira fila para tomar a iniciativa, e liderou 150 voltas de maneira dominante antes de sufrir un fallo na dirección na volta 192 das 200 voltas programadas. Gañou a carreira en dous anos consecutivos, 1953 e 1954. Liderou un asombroso 71´7% das voltas que pilotou en competición, e segue sendo o único piloto en liderar a maior cantidade de voltas en carreira durante tres anos consecutivos..
Morte na Indy Vukovich matouse nun accidente en cadea, cando lideraba con 17 segundos de vantaxe na volta 57 das 500 Millas de Indianápolis de 1955. Estaba saíndo da segunda curva, detrás de tres coches lentos pilotados por Rodger Ward, Al Keller e Johnny Boyd cando o coche de Ward desviouse como resultado dunha refacho de vento. Keller, desviouse cara á herba para evitar a Ward, perdeu o control e deslizouse de novo na pista, golpeando o coche de Boyd e empuxándoo no camiño de Vukovich. O coche de Vukovich golpeou a Boyd, saíu polo aire e aterrou boca abaixo tras pasar sobre o muro de contención exterior da recta oposta e dera catro voltas e media de campá, estalando en chamas. Cando o coche incendiouse Ed Elisian detivo o seu coche intacto e correu cara a Vukovich nun intento van de salvalo.
Vukovich defendía por segunda vez o campionato da Indy 500 cando morreu durante a carreira, logo de Floyd Roberts en 1939, e o único ex gañador que morreu mentres pilotaba. Vukovich tamén foi o primeiro piloto en morrer durante unha carreira do Campionato do Mundo.
Familia O seu fillo, Bill Vukovich II, e o seu neto, Bill Vukovich III, tamén competiron nas 500 Millas de Indianápolis, Vukovich II, logrou o segundo lugar en 1973, e Vukovich III foi novato do ano en 1988.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos Puntos I R C Maserati Maserati L4 GBR MON 500NSC SUI BEL FRA ITA NC 0 Central Excavating Trevis Offenhauser L4 SUI 50029 BEL FRA GBR ALE ITA ESP NC 0 Fuel Injection Kurtis Kraft KK500A Offenhauser L4 SUI 50017 BEL FRA GBR ALE NED ITA 22º 1 Fuel Injection Kurtis Kraft KK500A Offenhauser L4 ARX 5001 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA 7º 9 Fuel Injection Kurtis Kraft KK500A Offenhauser L4 ARX 5001 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP 6º 8 Hopkins Kurtis Kraft KK500C Offenhauser L4 ARX MON 50025 BEL NED GBR ITA 25º 1
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis AnoCocheInicioCual.Clas.Pos. finalVoltasLideradoRetirada195010 – – – – – – Non cualificado195181 20 133.725 16 29 29 0 Tanque de aceite195226 8 138.212 2 17 191 150 Dirección1953141138.39211200 195 195414 19 138.478 151200 90 19554 5 141.071 3 25 56 50 AccidenteTotais 676 485 Saídas5Poles1Primeira fila1Gañadas2Top 52Top 102Retiradas3
Campionato do Mundo de F1 resumo da carreira As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato Mundial de Pilotos (que máis tarde se converteu no Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA) desde ata . Os pilotos que competían na Indy durante estes anos tamén contaban como participantes para o Campionato Mundial. Bill Vukovich participou en 5 carreiras do Campionato do Mundo de F1. Comezou na pole unha vez, gañou 2 carreiras, fixo 3 voltas rápidas, e terminou no podio en dúas ocasións. Sumou un total de 19 puntos no campionato.
Notas
Ligazóns externas A Report On The Accident That Killed Bill Vukovich In The 1955 Indianapolis 500-Mile-Race The Greatest 33
Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Fresno