Domingo Dulce y Garay, nado en Sotés (A Rioxa) o 7 de maio de 1808 e finado en Amélie-les-Bains (Francia) o 23 de novembro de 1869). Foi un militar español.
Traxectoria Ingresou en 1823 no exército coincidindo co final do Trienio liberal e participou na primeira guerra carlista cos militares cristinos e baixo as ordes de Baldomero Espartero a quen lle unía unha profunda amizade, obtendo catro Cruces Laureadas de San Fernando. Froito da amizade con Espartero foi a súa colaboración durante a rexencia deste, sendo persoa destacada para sufocar a revolución de 1841 cando os moderados, con Diego de León e Manuel de la Concha á fronte, trataron de tomar, entre outras accións, o Palacio Real de Madrid e secuestrar á raíña Isabel II.
Xa co grao de xeneral, participou na guerra dos Matiners enfrontándose vitorioso ao lendario militar carlista Ramón Cabrera. Participou na Vicalvarada apoiando, neste caso, a O´DonnellBozal 1968, p. 126 e o seu proxecto de Unión Liberal, así como posteriormente enfrontouse ao alzamento carlista de San Carlos da Rápita, tras cuxo esmagamento obtivo o título de Marqués de Castell-Florite.
Durante a maior parte do tempo dos gobernos da Unión Liberal estivo destinado en Cuba como Capitán Xeneral dados os receos que contra el seguía mantendo O'Donnell, aínda que foi senador de 1858 a 1860. Durante a súa estancia en América destacou pola súa clara vocación abolicionista o que provocou a inimizade dos españois alí asentados e o enfrontamento aberto con Julián de Zulueta.
Ao seu regreso en 1866 participou nas conspiracións que culminaron coa revolución de 1868 e o destronamento da raíña Isabel. Aínda que permaneceu todo o tempo desterrado en Canarias polas sospeitas de colaboración con elementos progresistas, foi un dos asinantes do Manifesto que acompañou á revolución.
O goberno revolucionario provisional nomeouno, de novo, capitán xeneral en Cuba onde decretou a liberdade de imprenta na illa por vez primeira o 9 de xaneiro de 1869. Poucos meses máis tarde, morreu.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Vicalvarada Gloriosa Ligazóns externas Biografía Expediente ná páxina do Senado
Categoría:Nados na Rioxa
Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1869
Categoría:Militares de España