Ramón Martínez Saco, nado en Torroso (Mos) na década de 1810 e finado no Couto (Ourense) a principios de outubro de 1884, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Nicómedes Martínez e Josefa Saco. Progresista. Foi deputado provincial polo distrito de Redondela en 1843, 1863, 1865 e 1868 (entre 1864 e 1865 presidiu 6 sesións da Deputación de Pontevedra). Foi alcalde de Redondela en setembro de 1854 (rexeitou a proposta de ser deputado a Cortes para converterse en alcalde) e volveu ser alcalde en 1861 e 1869. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Redondela nas eleccións de 1871. Finou no Couto a principios de outubro de 1884.La Unión, 6-10-1884, p. 2

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Redondeláns para a historia: Ramón Martínez Saco

Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Mos Categoría:Finados en 1884 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos