Alejandro Marquina Álvarez, nado en Ourense o 12 de xaneiro de 1819Na web dos descendentes de Edward Kindelan danse varios datos xenealóxicos da súa familia. e finado na Coruña o 16 de outubro de 1876,La Idea, de Madrid, 18-12-1876, p. 5. Tamén en El Heraldo Gallego, 21-10-1876, p. 6-7. foi un militar e político galego.
Traxectoria Fillo do coronel Camilo Marquina. Comandante do Exército retirado.Diario Oficial de Avisos de Madrid, 19-8-1876, p. 2. Foi deputado polo distrito de Ourense en 1863 e polo de Celanova en 1864, nas eleccións de 1869 foi elixido deputado polo distrito de Vigo. En 1872 foi elixido senador pola provincia de Ourense. Foi gobernador civil de Pontevedra entre maio e novembro de 1874 e de novo de abril a setembro de 1875. O 17 de setembro deste último ano foi designado gobernador civil da Coruña. En marzo de 1876 ditou unha disposición coa que pretendeu regulamentar o servizo doméstico.El Diario de Santiago, 5-4-1876, p. 1. No mes de maio presentou varias veces a súa dimisión, pero non lle foi aceptada.El Diario de Santiago, 13-5-1876, p. 2. Finalmente, desenvolveu o cargo ata o seu pasamento.
Vida persoal Casou con Dolores Kindelan Díaz, coa que tivo cinco fillos (Vicente, Camilo, Ramón, Dolores e Alejandro). Dos seus fillos, Alejandro foi oficial de cabalaría e morreu novo, en 1882.La Ilustración Cantábrica, 8-4-1882, p. 12. Tamén en La Unión, de Madrid, 15-9-1882, p. 4, se refire esta noticia, aínda que con moitos meses de diferenza e relatando que o pasamento foi en Vigo e non en Tui como afirma aquela outra fonte. Ademais, dise que o finado é neto político do senador vitalicio Lorenzo de Cuenca de San Juan.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1876 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos