As eleccións xerais de España de 1871 foron convocadas para o 8 de marzo baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras eleccións celebradas durante o breve reinado de Amadeu I, unha vez aprobouse a Constitución de 1869. Exercía a funcións de Presidente do Consello de Ministros no momento Francisco Serrano Domínguez, sucesor político de Juan Prim tralo seu asasinato. Para aproveitar a división existente entre os partidarios do Antigo Réxime (carlistas, monárquicos isabelinos, liberais partidarios de Ramón María Narváez), presentáronse xuntos o Partido Progresista de Manuel Ruiz Zorrilla, a Unión Liberal de Francisco Serrano e o Partido Democrático de Nicolás María Rivero, encabezados por Serrano. Era unha coalición similar á das eleccións de 1869.
A oposición estaba formada polos federalistas republicanos de Francesc Pi i Margall, os carlistas e o Partido Moderado de Alejandro Mon. En total foron elixidos 391 deputados, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados o progresista Salustiano de Olózaga, que foi substituído o 6 de outubro por Práxedes Mateo Sagasta. O Presidente do Senado foi Francisco Santa Cruz.
O goberno de Serrano durou ata o 24 de xullo, cando foi substituído por Ruiz Zorrilla, quen o 5 de outubro foi substituído por José Malcampo, e este o 12 de decembro por Práxedes Mateo Sagasta, quen ante a situación política inestable convocará eleccións en abril de 1872.
Composición do Congreso dos Deputados 200px|miniatura|Francisco Serrano. ← Eleccións xerais en España, 8 de marzo de 1871 → Partido Escaños Líder Coalición Progressista-Liberal Partido Progresista Unión Liberal Partido Democrático 235 Francisco Serrano Domínguez Partido Republicano Democrático Federal 52 Francesc Pi i Margall Comuñón Católico-Monárquica 51 Cándido Nocedal Partido Moderado 18 Alejandro Mon y Menéndez Partido Conservador 9 Antonio Cánovas del Castillo Partidarios do Duque de Monpensier 9 Antonio de Orleans Outros 19
Deputados das provincias galegas 200px|miniatura|dereita|Eugenio Montero Ríos foi deputado por Pontevedra 200px|miniatura|dereita|José Elduayén. miniatura|Antonio Aguilar y Correa. miniatura|200px|dereita|Eduardo Gasset y Artime. Os deputados galegos que resultaron elixidos nestas eleccións foron:http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLCP.fmt&DOCS=1-100&OPDEF=Y&SORT=APAR%3A100%2CCIRC%2CDIVI&QUERY=%40ELEN%26gt%3B%3D%2228%22+%26+%40ELEN%26lt%3B%3D%2228%22
A Coruña Manuel Batanero Montenegro José María de Beranger y Ruiz de Apodaca Domingo Caramés y García Daniel Carballo Cousido Francisco Cejudo y Peralta Enrique Fernández Alsina Eduardo Gasset y Artime Joaquín Hernández y Rodríguez Santiago de Moreno y García Gerardo Neira Flórez Luciano Puga y Blanco Gaspar Rodríguez y Rodríguez Antonio Romero Ortiz Cándido Salinas Benito Sánchez Freire Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos
Lugo Constantino Ardanaz Undabarrena Manuel Becerra Bermúdez Virgilio Gálvez Cañero Baltasar Losada y Miranda Cándido Martínez Montenegro Manuel Quiroga Vázquez Manuel Rodríguez Castro Agustín María Saco y Quiroga Ramón Somoza y Saavedra Augusto Ulloa y Castañón Manuel Vázquez de Parga Somoza y Pallares
Ourense Nicanor Alvarado y Casanova de Sotomayor Mariano Diéguez Amoeiro Fernando Felipe Fernández Castor García Fernández Adolfo Merelles Caula Tomás María Mosquera García Julián Pellón Rodríguez Ignacio Rojo Arias Nicolás Soto Rodríguez
Pontevedra Antonio Aguilar y Correa Saturnino Álvarez Bugallal Eduardo Chao Fernández José Crespo Villar José Elduayén Gorriti Eduardo Gasset y Artime Severino Martínez Barcia Ramón Martínez Saco Pedro Mateo Sagasta y Díaz Antoniana Eugenio Montero Ríos José Montero Ríos Juan Manuel Pereira y Castro Luis Rodríguez Seoane Miguel Vidal López
Notas
Véxase tamén Outros artigos Amadeu I de España
Ligazóns externas Resultados das eleccións. Deputados electos, no histórico do Congreso dos Deputados.
1871 Categoría:1871