miniatura|dereita|Tumba de Dashiell Hammett Samuel Dashiell Hammett, nado en Saint Mary's County (Maryland) o 27 de maio de 1894 e finado en Nova York o 10 de xaneiro de 1961, foi un escritor norteamericano de novela negra.

Traxectoria Aínda que a tendencia realista tanto nos contidos como na linguaxe xa comezara nos relatos de Ernest Hemingway, Hammett codificou o estilo de ficción protagonizada por "tipos duros", onde se representan os baixos fondos e as baixas paixóns que levan á xente real a cometer crimes. Como dixo Raymond Chandler:

O seu primeiro conto publicouse en Black Mask en 1923, e aí naceu o Continental Op baseado nas súas experiencias como detective da axencia Pinkerton. Até 1930 apereceria nuns 30 contos e en dúas novelas. A primeira delas foi Colleita vermella (1929), a primeira obra mestra da novela negra, representando unha serie de crimes sen fin nunha cidade corrupta que podería ser calquera grande urbe contemporánea.

A partir de 1929 apareceu o personaxe de Sam Spade, que será o arquetipo de detective "hard boiled", un tipo frío e solitario, co seu propio sentido da xustiza. A representación que del fixo Humphrey Bogart na película The Maltese Falcon (dirixida en 1941 por John Huston) sentou a base de toda unha tradición fílmica e introduciu un novo mito no imaxinario colectivo.

Retirada Hammett deixou de escribir en 1934. Malia que intentou retomalo posteriormente, no momento da súa morte só quedaron uns capítulos dunha nova novela Tulip, que por primeira vez non era de detectives.

En 1951 cumpriu 5 meses de prisión por negarse a declarar ante o Comité de Actividades Antiamericanas sobre as súas actividades no Partido Comunista dos Estados Unidos.

Obras Colleita vermella (Red Harvest, 1929Traducida ao galego por Diego Ameixeiras e publicada en 2016 pola Editorial Hugin e Munin.) The Dain Curse ("A maldición dos Dain"; 1929) The Maltese Falcon ("O falcón maltés"; 1930) The Glass Key ("A chave de cristal"; 1931) The Thin Man ("O home delgado"; 1934) The Big Knockover ("O gran golpe"; relatos)

Traducións ao galego Á altura de 2019, amais da novela Colleita vermella, fora traducido e publicado en galego o relato "Só poden enforcalo unha vez", dentro da Antoloxía do relato policial.

Notas

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Nados no condado de St. Mary, Maryland Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Lista negra de Hollywood