Emilio López Fernández, coñecido simplemente como Emilio, nado en Vigo o 9 de xullo de 1965, é un exfutbolista galego que xogaba de porteiro.
Traxectoria Formado na canteira do Celta de Vigo, xogou no Gran Peña (daquela filial do primeiro equipo), e no Arosa SC, até que chegou ao primeiro equipo celeste na tempada 1989/90. Estivo no equipo catro anos (dous en segunda división e dous en primeira), pero non chegou a ser titular pola presenza d Javier Maté primeiro e de Santiago Cañizares despois.
En 1994 fichou pola UE Figueres, en Segunda B, e ao ano seguinte fichou polo CD Badajoz, onde compartiu a titularidade co veterano Ángel Lozano. A tempada seguinte xogou no CD Leganés, e na tempada 1996/97 regresou a Badaxoz, converténdose nun dos alicerces do equipo, que loitou polo ascenso a Primeira División. Esa campaña Emilio acadou o Trofeo Zamora como porteiro menos goleado da categoría. Pasou dous anos máis no equipo.
Na tempada 1999/00 defendeu a meta do CA Osasuna, que nesa campaña logrou ascender a Primeira División. Porén, seguiu xogando en segunda tras fichar ao ano seguinte polo Real Jaén. No verán de 2001 fichou polo Hércules CF, que xogaba en Segunda B, onde estivo dous anos.
Trala súa retirada pasou a ser adestrador de porteiros no Celta de Vigo B.
Estatísticas
ClubPaísAnoGran PeñaEspaña1987-1988Arosa SCEspaña1988-1989Celta de VigoEspaña1989-1993UE FigueresEspaña1993-1994Club Deportivo BadajozEspaña1994-1995CD LeganésEspaña1995-1996Club Deportivo BadajozEspaña1996-1999CA OsasunaEspaña1999-2000Real JaénEspaña2000-2001Hércules CFEspaña2001-2003
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga de Segunda DivisiónCelta de VigoEspaña1992
Distincións individuais DistinciónAnoTrofeo Zamora de Segunda División1997
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en BDFútbol
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da UE Figueres Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes