O español chileno ou tamén chamado o castelán chileno, é a variante da lingua castelá falada en Chile. As principais diferenzas deste dialecto están na pronunciación, no léxico e a sintaxe.
Pronunciación Como noutros países americanos, a "s" antes de consoantes ou ao final das palabras asume o son de /h/.Exemplo: los (os) é pronunciado [loh]. A "d" intervocálica practicamente non é pronunciada.
Vocabulario O castelán de Chile recibiu influencias sobre todo indíxenas (como a palabra guagua = bebé) e das linguas de inmigrantes europeos, así como do inglés.
Sintaxe En Chile, así como nos países da conca do Prata, é común o uso do pronome persoal de segunda persoa do plural vos, en lugar do estándar tú, pero dun xeito distinto ao "voseo" coñecido. Con todo, a práctica é desincentivada e evitada polos sectores máis cultos.
Exemplos Al aguaite: prestar atención A la ñoña: moi lonxe Al tiro: inmediatamente ¿Cachái?: vostede entendeu? Bacán: incrible Humita: comida chilena
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lipski, John M. (1994). Latin American Spanish. Essex, England: Longman Group Limited. Ligazóns externas Diccionario de Modismos Chilenos - "Dicionario de termos chilenos"
Categoría:Linguas de Chile Categoría:Dialectos da lingua castelá de América