O Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado da Rúa de Valdeorras na diocese de Astorga, e que ten os seus terreos e as súas vivendas repartidas entre dous concellos, o de Petín e o de Larouco. Segundo o padrón municipal (datos do INE) en 2014 a parroquia tiña 140 habitantes (61 homes e 79 mulleres), 34 menos ca en 1999.

A Larouco pertencen os lugares da Caseta e Freixido, mentres que son de Petín as poboacións de Casasola e Freixido de Abaixo.

Véxase tamén Outros artigos Freixido, Larouco Freixido, Petín

Categoría:Parroquias eclesiásticas divididas entre dous concellos Categoría:Artigos de Galicia sen datos de superficie Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación do Sagrado Corazón de Xesús