O ácido linolelaídicoSigma Aldrich Linolelaidic acid (tamén ácido linoelaídicoTerminum Plus Translation Bureau Canada PubChem compound trans-9,trans-12-Linoleic acid ; 9E,12E-octadecadienoic acid) é un ácido graxo trans omega-6 que é un isómero xeométrico do ácido linoleico. Encóntrase en aceites vexetais parcialmente hidroxenados.
Os ácidos graxos trans clasifícanse como conxugados e non conxugados, o que se corresponde xeralmente coa presenza neles dos elementos -CH=CH-CH2-CH=CH- e -CH=CH-CH=CH-, respectivamente. O ácido linolelaídico xunto co ácido elaídico son representantes dos ácidos graxos trans non conxugados. A súa presenza está asociada con enfermidades cardíacas. O ácido graxo trans ácido vaccénico, que é de orixe animal e se encontra no leite humano, non ten ese risco para a saúde.Park, Yeonhwa "Conjugated linoleic acid (CLA): Good or bad trans fat?" Journal of Food Composition and Analysis 2009, vol. 22, S4-S12.
Notas
Categoría:Ácidos graxos