O ácido vaccénico (do latín vacca, vaca) é un ácido graxo omega-7. É un ácido graxo trans natural, que se encontra na graxa dos ruminantes e en produtos lácteos como leite, manteiga, e iogur.Natural trans fats may be good for you. May 19, 2008 Tamén é o ácido graxo trans predominante do leite humano.Precht, D and J.Molkentin C18:1, C18:2, and C8:3 trans and cis fatty acid isomers including conjugated cis delta 9, trans delta 11 linoleic acid (CLA) as well as total fat composition of German human milk lipids, Nahrung 1999 43(4) 233-244Friesen, R, and S.M. Innis, Trans Fatty acids in Human milk in Canada declined with the introduction of trans fat food labeling, J. Nut 2006, 136 2558-2561
O seu nome IUPAC é ácido (E)-11-octadecenoico, e a súa denominación abreviada é 18:1 trans-11.
Foi descuberto en 1928 en graxas animais e na manteiga. É o principal isómero de ácido graxo trans das graxas lácteas. Os mamíferos convérteno en ácido ruménico, un ácido linolénico conxugado, con posibles propiedades anticanceríxenas.
O estereoisómero, ácido cis-vaccénico (ou ácido (Z)-11-octadecenoico, ou 18:1 cis-11), é un ácido graxo omega-7 que se encontra no aceite da planta elaeagnácea Hippophae rhamnoides.
Saúde Un estudo de 2008 da Universidade de Alberta suxeriu que a alimentación de ratas con ácido vaccénico durante 16 semanas causou unha diminución dos niveis de colesterol total, de LDL e de triglicéridos. Os investigadores están preparando novas investigacións, que incluirán ensaios clínicos en humanos.AFNS. Alberta natural trans fat research earns global recognition . April 2, 2008.
O ácido vaccénico tamén se encontra no córtex orbitofrontal de pacientes humanos con trastorno bipolar e esquizofrenia.
A oxidación de ácidos graxos insaturados omega-7 na superficie da pel, como son os ácidos vaccénico e palmitoleico, pode ser a causa do fenómeno coñecido como cheiro a persoa vella.
Notas
Categoría:Ácidos graxos