Saint-Jean-Pied-de-Port (en francés e oficialmente; en ) é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. Forma parte do País Vasco Francés, e desde 1512 é capital da Baixa Navarra"Donibane Garazi", artigo na Enciclopedia Auñamendi .. Os seus habitantes reciben o xentilicio de Saint-Jeannais en francés e garaztar ou Donibandar en éuscaro.

Xeografía A comuna está situada na comarca de Pays de Cize, ao surdeste da Baixa Navarra. Está a uns 8 km da fronteira administrativa con España, e é unha das vilas polas que pasa o camiño francés da Ruta Xacobea. O río Rive ou Errobi, atravesa a localidade.

Historia 200px|esquerda|miniatura|Casa do século XVI. 200px|esquerda|miniatura|Ponte sobre o río Errobi.

Está situada nun lugar de paso, convertido en vía trala romanización. A vila foi fundada no século XII e desenvolveuse axiña como centro comarcal de comercio e comunicacións. En 1329 o rei Filipe III de Navarra concedeulle foros.

Trala invasión e conquista de Navarra en 1512, foi ocupada polo exército de Fernando II de Aragón, e durante ese ano foi escenario de frecuentes enfrontamentos. Permaneceu ocupada por unha importante gornición das tropas do reino de Aragón de forma intermitente, con períodos nos que pasaba a mans de tropas ao servizo do Reino de Navarra, até 1529, cando Carlos I de España abandonou toda a Baixa Navarra polo excesivo custo que supuña a súa conservación desde o punto de vista loxístico e militar. No século XVI sufriu tamén ataques e incendios no marco das guerras de relixión.

En 1620 Lois XIII de Francia uniu as coroas do Reino de Francia e do Reino de Navarra, e baixo o goberno de Richelieu, construíuse na vila a Ciudadela paa defendela dun posible ataque desde o sur.

En marzo de 1789, pouco antes da Revolución Francesa, reuníronse nesta vila os Estados de Navarra, que rexeitaron enviar representantes ás reunións dos Estados Xerais celebrados en París, alegando que a Baixa Navarra non era unha provincia francesa, senón un Reino que na persoa de Henrique IV de Francia se unira ao entón reino de Francia. Porén, en 1790 aprobaron a nova división administrativa francesa, que reuniu as terras da Baixa Navarra e o Béarn nun novo departamento.

Durante a Guerra da Convención foi o centro desde o que partiron os ataques franceses contra o sur dos Pireneos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web municipal .

Categoría:Concellos do departamento dos Pireneos Atlánticos Categoría:Localidades do Camiño Francés