María de los Ángeles Vázquez, nada en Mondoñedo en 1878"Una poetisa mindoniense" en El Regional, 9-8-1902, p. 2. e finada en Buenos Aires o 29 de outubro de 1912, foi unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria Publicou os seus primeiros escritos en El Reparador, La Voz Mindoniense, El Diario de Mondoñedo, El Baluarte de Galicia e El Correo de Lugo. Residiu algún tempo en Madrid e despois emigrou a Arxentina. En Buenos Aires publicou poemas nos periódicos El Porvenir Intelectual e El Nuevo Serafín. Foi fundadora e despois presidenta do Ateneo Rosalía de Castro de Buenos Aires, correspondente de Gaceta de Galicia e dirixiu a revista Galicia (1905).

Obras Memorias de Mondoñedo, 1904.

Do noso lar, 1905.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría: Xornalistas de Mondoñedo Categoría: Galegos da Arxentina Categoría: Nados en Mondoñedo Categoría: Nados en 1878 Categoría: Finados en 1912 Categoría: Poetas de Galicia Categoría: Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos