Nova Galiza foi unha publicación galeguista en galego que se editou en Barcelona durante a guerra civil española, de abril de 1937 a xullo de 1938, redactada en lingua castelá e lingua galega, con predominio da segunda.
Historia e características Apareceu o 5 de abril de 1937. Subtitulada Boletín quincenal dos escritores galegos antifascistas, a súa periodicidade foi quincenal ao principio e mensual despois. Promovida por Castelao e Ramón Suárez Picallo e financiada polo Comisariado de Propaganda da Generalitat de Cataluña, os primeiros números repartíanse gratuitamente, maioritariamente entre soldados galegos do exército republicano.
Entre os colaboradores estiveron Basilio Álvarez, Eduardo Blanco Amor, Ramón Cabanillas Álvarez, Arturo Cuadrado, Ramón Rey Baltar, Ramón Suárez Picallo, Luís Seoane, Serafín Ferro ou Manuel Colmeiro. O último número (nº18) saíu en xuño de 1938, os últimos números estiveron dirixidos por Rafael Dieste.
Rematada a guerra a maior parte dos colaboradores marcharon cara ó exilio e a revista deixouse de publicar.
Véxase tamén Bibliografía
, Xosé Lois (1977). Nova Galiza: Boletín quincenal dos escritores galegos antifeixistas. Barcelona: Collectiu de Cultura Popular. , Xosé Lois (limiar) (1990). Nova Galiza (Edición facsimilar). Sada: Ediciós do Castro.
, Claudio (ed.) (1991). Guerra literaria p. 14. Sada: Ediciós do Castro.
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega
Categoría:Prensa de España Categoría:Século XX en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Guerra civil española Categoría:Castelao Categoría:Rafael Dieste