O Dr. Ramón II Santamarina Valcárcel, nado en Tandil, Arxentina o 15 de maio de 1861 e finado o 1 de febreiro de 1909, foi un avogado e político arxentino de raíces galegas. Traxectoria Licenciouse de avogado e foi ministro de Buenos Aires na intervención do Dr. Lucio V. López, deputado nacional pola provincia de Buenos Aires e presidente do Banco da Nación, da Sociedade Rural Arxentina (SRA) entre 1897 e 1898, da Editorial El País, da Unión Telefónica e da Sociedade Industrial. Como presidente do Banco da Nación, Santamarina instalou unha industria de derivados lácteos e plantou na chaira gran cantidade de árbores de variadas especies, cumprindo así o pensamento de seu pai. Como presidente da Sociedade Rural Arxentina destácanse a introdución do soro contra a febre carbuncosa no gando e a exportación de facenda aos portos ingleses. Homenaxearase bautizando no seu honor unha vila do Partido de Necochea, na provincia de Buenos Aires, unha estación ferroviaria neste e o Instituto Agrotecnológico de Tandil.
Notas
Categoría:Nados en 1861 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Finados en 1909 Categoría:Galegos da Arxentina