O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico.

O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.

Segundo as Nacións Unidas é o país de Latinoamérica co nivel de alfabetización máis alto. Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), é o terceiro país de Latinoamérica (despois da Arxentina e de Chile), que posúe o maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Tamén é o país de Latinoamérica (xunto con Costa Rica), coa distribución de ingreso máis equitativa, tomando a relación entre o ingreso do 10% máis rico e o do 10% máis pobre da poboación; o quinto (despois de Cuba, Costa Rica, Chile e Ecuador, coa esperanza de vida máis alta, respectivamente; e o terceiro, despois da Arxentina e Chile, co PIB per cápita máis alto, e o décimo país de Latinoamérica co PIB máis alto.

Segundo o informe do ano 2009 de "Reporteiros sen fronteiras", o Uruguai é o país onde máis liberdade de prensa hai en Suramérica. Así mesmo é o país máis democrático de toda Latinoamérica, segundo o "Índice de Democracia" de The Economist, sendo xunto a Costa Rica os únicos países latinoamericanos considerados como unha 'democracia completa'. O Uruguai foi o primeiro país latinoamericano, e o segundo en todo o continente americano, en recoñecer e legalizar a unión civil, incluíndo parellas homosexuais.

Toponimia Na época colonial coñeceuse ao territorio como Banda Oriental, e nos primeiros anos da loita independentista chamouse Provincia Oriental, como parte da Unión dos Pobos Libres ou Liga Federal que, tendo como principios o ideario federal de Artigas, constituíuse con outras provincias do conxunto de Provincias Unidas do Río da Prata a modo de confederación. Ao crearse a primeira Constitución do país como nación independente, que entrou en vigor en 1830, propúxose agregar ao nome do país a referencia ao río Uruguai, pois en Vila Purificación del Hervidero, a beira do Uruguai, estableceu Artigas a sede interina na que se organizaba á Unión dos Pobos Libres (1813-1820); J. Artigas firmaba patentes de corso co selo da Provincia Oriental ou directamente co nome do río Uruguai, que co tempo pasou a ser a denominación habitual do país. O nome Uruguai provén do guaraní.

Existen varias explicacións acerca do seu significado orixinal: 'Río do país do urú'. Félix de Azara afirma que o nome provén dun pequeno paxaro, o urú, que habita en parte das beiras do río Uruguai. 'Río dos paxaros pintados'. Interpretación poética de Juan Zorrilla de San Martín. 'Río dos caracois'. Un colaborador de Félix de Azara dá esta versión moi diferente, dividindo a palabra en uruguá 'caracol' e ï ou ý 'auga', 'río'.

Até hai algunhas décadas, os habitantes do país adoitaban chamarse familiarmente orientais, caendo actualmente o xentilicio en desuso.

Símbolos miniatura|200px|Escarapela Nacional uruguaia A bandeira do Uruguai ou Pavillón Nacional é un dos símbolos nacionais do Uruguai. Foi adoptado polas leis do 16 de decembro de 1828 e 12 de xullo de 1830. As súas cores son a branca e a azul, tendo o sol, que ocupa o cantón, cor dourada. A bandeira posúe as seguintes proporcións: o longo e o ancho están en relación de 3 a 2 e o espazo que contén o sol consiste nun cadro na parte superior, xunto á hasta, que chega até a sexta franxa, exclusiva, de cor azul. A primeira e última franxa son de cor branca. O debuxo do sol consiste nun círculo radiante, con cara, orlado de dezaseis, cun diámetro de 11/15 do cadro branco. As nove faixas horizontais que se distribúen sobre o campo representan os primeiros nove departamentos. O cantón está ocupado polo Sol de Maio, símbolo que historicamente fai referencia á deidade inca Inti, alusión aos pobos indíxenas.

O Escudo Nacional do Uruguai é o aprobado polas leis do 19 de marzo de 1829 e do 12 de xullo de 1906 e o Decreto do 26 de outubro de 1908. De acordo con este último decreto dispúxose modelo oficial de Escudo Nacional o presentado por Miguel Copetti, axustado nas súas regras de execución á modificación indicada polo Poder Executivo, que consistía na supresión de trofeos militares e de mariña, quedando orlado por dúas pólas de oliveira e de loureiro unidos na base por un lazo azul celeste (lei do 12 de xullo de 1906 citada).

Historia

miniatura|200px|esquerda|Tabaré Vazquez, á esquerda, e o seu vicepresidente, Rodolfo Nin Novoa. O Uruguai constituíuse como Estado no 1828. Os primeiros asentamentos foron os de Colonia do Sacramento e Montevideo. A fins do século XIX o país completara a súa organización.

País novo, os seus primeiros poboadores (coa excepción dos indíxenas charrúas) foron os que trouxeron as exploracións españolas e portuguesas. Os seus descendentes realizaron a etapa de independencia de España, no momento que a metrópole soportaba a invasión napoleónica. Durante medio século o Uruguai puido exportar os seus produtos da agricultura e a gandaría; cara a 1955, iniciouse unha crise económica que afectou tamén ás institucións públicas.

A defensa dos intereses de gandeiros, terratenentes e empresarios deu protagonismo ás forzas armadas, que paulatinamente foron asumindo novas responsabilidades, até que, baixo a súa inspiración, o goberno de José María Bordaberry disolveu o 27 de xuño de 1973 o Parlamento, declarou o estado de emerxencia e converteuse de facto nun poder ditatorial. No 1976 Bordaberry foi derrocado polos militares que pasaron a controlar directamente o poder. En 1984 o goberno retornou aos civís con Julio María Sanguinetti, do Partido Colorado, como presidente. Nos comicios de 1989 venceu Luis Alberto Lacalle, do Partido Nacional, en 1994, Sanguinetti venceu de novo nas eleccións presidenciais e no 1999 triunfou Jorge Batlle, do Partido Colorado.

Nas eleccións presidenciais de 2004 resultou electo o socialista e oncólogo Tabaré Vazquez, candidato pola coalición de esquerdas Encuentro Progresista-Frente Amplio-Nueva Mayoría co 50,6% dos votos, acadando a vitoria na primeira volta e logrando un parlamento con maiorías absolutas. É a primeira vez na historia do país que un partido político non tradicional accede ao Poder Executivo. Nas eleccións municipais no Uruguai do 2005 o Partido Nacional obtivo dez intendencias, o EP-FA-NM obtivo oito e o Partido Colorado obtivo unha. As próximas eleccións presidenciais están datadas para o ano 2013.

Goberno e política A República Oriental do Uruguai ten un sistema presidencialista. O goberno do Estado divídese en tres poderes:

O poder executivo, exercido polo Presidente da República e elixido para un período de cinco anos, quen nomea aos seus ministros. Luis Lacalle Pou é o presidente desde o 1 de marzo de 2020. O presidente é o xefe de estado e o xefe de goberno. O Poder Lexislativo, que reside na Asemblea Xeral e consta dunha Cámara de Senadores de 30 escanos, elixidos por un período de cinco anos, e da Cámara de Representantes de 99 escanos, tamén elixidos para un período de cinco anos. O Poder Xudicial está encabezado pola Suprema Corte de Xustiza, nos que os seus membros son nomeados pola Asemblea Xeral por unha maioría de dous terzos e cunha duración de 10 anos. A Suprema Corte de Xustiza é a última instancia de apelación, e é tamén a encargada de xulgar a constitucionalidade das leis. O poder xudicial está composto por Tribunais de Apelacións, Xuíces de Letras e Xuíces de Paz.

Organización político-administrativa

miniatura|Mapa político do Uruguai miniatura|Mapa do Uruguai por departamentos.

A República Oriental do Uruguai está formada por departamentos que están gobernados por un intendente municipal, elixido por sufraxio universal por un período de cinco anos. Os edís da Xunta Departamental actúan como poder lexislativo a nivel departamental.

Hai 19 departamentos:

(As capitais departamentais figuran entre paréntese)

Artigas (Artigas) Canelones (Canelones) Cerro Largo (Melo) Colonia (Colonia del Sacramento) Durazno (Durazno) Flores (Trinidad) Florida (Florida) Lavalleja (Minas) Maldonado (Maldonado) Montevideo (Montevideo) Paysandú (Paysandú) Río Negro (Fray Bentos) Rivera (Rivera) Rocha (Rocha) Salto (Salto) San José (San José) Soriano (Mercedes) Tacuarembó (Tacuarembó) Treinta y Tres (Treinta y Tres)

Cidades principais: Paysandú, Salto, Las Piedras.

Xeografía Relevo vinculado, na parte sur ás terras pampeanas; constituído por vastas chairas ondeadas e sucadas por lombas de escasa elevación, as máis importantes son as de Haedo e a Grande. A cunca hidrográfica máis importante é a do Uruguai, río utilizado como vía de comunicación. A do Río da Prata está formada por ríos de curto curso. A que desauga na lagoa Merín intégrana o Yaguarón, Tacuarí etc.

O clima é temperado, con variantes de temperatura, motivados polos réximes de ventos. As choivas son abundantes e repártense uniformemente ao longo do ano. O 75% do territorio é terreo de pastos. Os bosques son escasos (25% do territorio).

Demografía

Economía Véxase tamén: Economía do Uruguai. A agricultura (trigo, millo, xirasol, liño, algodón, remolacha azucreira) e a gandería (vacúns, ovinos) son os recursos fundamentais da economía.

As industrias principais son as do papel e cartón, química, fertilizantes, alcohois, cemento e de refinado de petróleo. Os recursos minerais e enerxéticos son escasos.

Cultura e artes

Costumes e festas miniatura|esquerda|200px|Grupo de charanga uruguaia chamada Araca la Cana No Uruguai, por ser un país agrícola-gandeiro, consómese principalmente a carne de vacún, séguenlle a porcina e ovina.

Entre os costumes máis tradicionais atópase o mate, a cal comparte con outros países da zona. O mate é unha infusión que se prepara nun recipiente chamado mate onde se colocan as follas secas e trituradas da herba mate, provenientes da árbore do mesmo nome. Logo vértese auga quente e succiónase a través dunha lámpada, que é unha especie de sorbete de metal. Pero para o uruguaio, a diferenza do que ocorre noutros países, pasa de ser unha simple infusión, que se toma no almorzo ou a merenda, para converterse nun compañeiro a toda hora e lugar. Por iso é moi común ver ás persoas camiñando pola rúa co mate nunha man e o termo na outra.

O principal deporte é o fútbol, o cal resulta unha paixón para os uruguaios; os equipos con máis seguidores son Club Atlético Peñarol e Club Nacional de Football. Así mesmo, o Uruguai foi sede do primeiro mundial de fútbol da historia e resultou campión en dúas oportunidades: 1930 e 1950. +Festas Data Nome en galego Nome local Notas 1 de xaneiro Aninovo Año Nuevo 6 de xaneiro Día dos Nenos Día de los Niños febreiro-marzo Carnaval Carnaval- 3 días marzo-abril Semana do Turismo Semana del Turismo 19 de abril Desembarco dos 33 orientais Desembarco de los 33 orientales 1 de maio Día dos Traballadores Día de los Trabajadores 18 de maio Batalla das Pedras Batalla de las Piedras 19 de xuño Nacemento de José Artigas Nacimiento de José Artigas 18 de xullo Xura da Constitución Jura de la Constitución 25 de agosto Declaración da Independencia Declaración de Independencia 12 de outubro Día das Américas Día de las Américas 2 de novembro Día dos Defuntos Día de los Difuntos 25 de decembro Día da Familia Día de la Familia Corresponde ao Nadal

Música