Emilio González Fernández, nado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1943, é un psiquiatra e escritor galego.

Traxectoria Médico especialista en Psiquiatría e doutor en Antropoloxía Social. De 1970 a 1978 exerceu de Médico Rural no Concello de Cotobade e Rodeiro. De 1970 a 1975 foi Xefe Clínico do Psiquiátrico de Conxo, coincidindo coa reforma desta institución. Fundador e Director do Centro Psicosocial de Ferrol (1976-1978). Foi psiquiatra do Hospital Clínico de Santiago e profesor asociado de Psiquiatría da Facultade de Medicina de Santiago. Experto en temas de Saúde Mental Comunitaria e de Antropoloxía aplicada á Saúde, é membro da Sección de Etnomedicina do Museo do Pobo Galego. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela por Unidade Galega.

Condena por abuso sexual No ano 2003 foi declarado culpable dun delito de abusos sexuais contra unha paciente, feitos ocorridos no ano 2000. En xaneiro de 2019 abriuse unha nova investigación por outra denuncia, corroborada por múltiples testemuñas de feitos similares.Investigan a un psiquiatra de Santiago por abusar sexualmente de una paciente

Obras A siquiatría en Galicia (Edicións do Rueiro, 1977) Espiritados: ensaios de etnosiquiatría galega (Laiovento, 1992; con Marcial Gondar Portasany) Psiquiatría transcultural (coompilador; Asociación Española de Neuropsiquiatría, 2000)

Premios Premio Lois Peña Novo (2009)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Psiquiatras de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia por UG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes