Todo é silencio (en ) é un filme español dirixido por José Luis Cuerda en 2012, baseado na novela Todo é silencio de Manuel Rivas (2010). O propio escritor fixo o guión do filme.

Estreouse en galego o 15 de setembro de 2017 a través da tvG2. A directora de dobraxe foi Charo Pena.

Sinopse A trama desenvólvese nunha vila costeira galega en 1969. Fins, Brinco e Leda son tres rapaces da vila de Noitía. Mariscal é un contrabandista que comezou a traficar con produtos chegados á costa desde barcos afundidos. Pasouse ao tabaco rubio de batea, e tras contactar cos clans colombianos, ao narcotráfico. A vida na vila aparece marcada pola economía somerxida, e Mariscal foi tecendo unha rede de control social, económico e institucional.

Fins, que sofre epilepsia, quedou orfo ao morrer seu pai pescando con dinamita, e marchou estudar a Cádiz, facéndose policía. Brinco e Leda casan e teñen un fillo, e únense ao clan de Mariscal. En 1989, logo de anos sen dar noticias, Fins regresa á vila, e Brinco, que pilota unha planadora, ofrécelle cartos a cambio da súa colaboración.

Descóbrense axentes corruptos e varios narcos traidores. Un amigo de Brinco, home do clan de Mariscal que está enganchado á heroína, suicídase logo de non ser quen de pagar unha débeda aos colombianos encargados da subministración da droga.

Leda ten celos porque Brinco vai con outra muller, e cita a Fins na vella escola. Alí aparece Brinco, e iníciase un tiroteo, no que este resulta morto a mans de Fins.

Personaxes

Quim Gutiérrez como Fins Celia Freijeiro como Leda Miguel Ángel Silvestre como Brinco Juan Diego como Mariscal Luis Zahera como Malpica Chete Lera como Rumbo Xoque Carbajal como Chelín Gabriel Delgado como Santi Yago Mira como Chelín adolescente Áxel Fernández como Fins adolescente Carolina Cao como Leda adolescente Sergio González como Brinco adolescente Miguel de Lira como Mendoza Teresa Hurtado como Mara Laura Ponte como Guadalupe Xosé Manuel Olveira "Pico" como Antonio Rebeca Montero como Amparo Iria Penha como Sira

Rodaxe As paisaxes das Rías Altas galegas son os principais escenarios do filme. Os exteriores rodáronse en Muros, e pódense apreciar espazos como o faro do monte Louro ou a costa da parroquia de Tal. Os interiores rodáronse nos estudios Ciudad de la Luz.

En outubro de 2011 algunhas escenas foron rodadas na abandonada casa Bailly do Graxal, Cambre.

Galardóns e nomeamentos Foi nomeado na categoría de mellor guión adaptado na XXVII edición dos Premios Goya.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2012Mellor actrizCelia FreijeiroNomeadaMellor actor secundarioLuis Zahera GañadorMellor guiónManuel RivasNomeadoMellor música orixinalSergio MoureNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoAlmudena FonsecaNomeada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Matalobos (serie de televisión) Fariña (serie de televisión) Todo é silencio (novela) Ligazóns externas

Todo é silencio en Filmaffinity .

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por José Luis Cuerda Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 2012 con versión en galego