¡Ay Carmela! é un filme español de 1990 dirixido por Carlos Saura e baseado na obra epónima de José Sanchís Sinisterra. Está protagonizado por Carmen Maura, Andrés Pajares e Gabino Diego. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 63ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Carmela (valente e espontánea), Paulino (pragmático e covarde) e Gustavete (mudo) son trobadores que actúan para o lecer do bando republicano durante a guerra civil española, mais están cansos xa de pasar penalidades na fronte. Carmela, Paulino e Gustavete diríxense a Valencia mais, por erro, van parar á zona nacional. Alí son feitos prisioneiros, e o único xeito de salvar as súas vidas é ofrecendo un espectáculo para un grupo de militares nacionais que choca totalmente coa ideoloxía dos cómicos.
Personaxes Carmen Maura como Carmela Andrés Pajares como Paulino Gabino Diego como Gustavete Mauricio De Razza como Tenente Ripamonte José Sancho como Capitán
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 63ª edición dos Óscar
Bibliografía Edwards, Gwynne, Indecent Exposures, PMarion Boyars, 1995, Schwartz, Ronald, The Great Spanish Films: 1950 - 1990, Scarecrow Press, Londres, 1991,
Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Carlos Saura Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre a guerra civil española Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película