Claudia Molina, nada en Barcelona o 19 de novembro de 1985, é unha actriz española.

Traxectoria Aos 9 anos realizou o seu primeiro anuncio para El Caserío. Aos 12 anos trasladouse coa súa nai a Madrid cando lle saíu a rodaxe da serie De tal Paco tal Astilla.

Despois do seu primeiro anuncio chegaría a primeira película de Claudia, La Moños, onde mantivo unha relación moi cálida coa directora Mireia Ros e con todo o equipo. Non obstante, a popularidade chégalle grazas á súa participación en series como Calle Nueva e, sobre todo, Ana y los siete. Foi nesta comedia de Ana Obregón onde Claudia se decatou de que quería ligar a súa vida para sempre ao mundo da interpretación.

Claudia creceu rodeada de focos e de cámaras, facendo camiño en filmes como Cosas que olvidé recordar ou No digas nada. Ademais de ocasional presentadora televisiva, Claudia é unha experta en baile, xa que participou na primeira edición do popular concurso ¡Mira quién baila! presentado por Anne Igartiburu e proclamouse gañadora. Tamén fixo teatro a grande escala da man de Antonio del Real e a obra Los 80 son nuestros.

Filmografía Vive cantando (2013) Arrayán (2012) 11-M, para que nadie lo olvide (Tres días de Marzo) (2011) Hay alguien ahí (2010) La huella del crimen 3: El asesino dentro del círculo (2010) Con pelos en la lengua (2009) Planta 25 (2007-2008) La que se avecina (2007) No digas nada (2007) Ana y los siete (2002-2005) Esencia de poder (2001) Hospital Central (2000) Primer amor (2000) Cosas que olvidé recordar (1999) Calle nueva (1997-1998) Una piraña el en bidé (1996) La Moños (1995)

Véxase tamén Ligazóns externas

Web dedicada a Claudia Molina

Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1985