Santa Marta de CórgomoLugares da parroquia de Córgomo no Nomenclátor da Xunta de Galicia é unha parroquia civil que se localiza no leste do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 204 habitantes (114 homes e 90 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación. En 2004 tiña 288 habitantes (145 homes e 143 mulleres), 13 máis ca en 1999.
Desta parroquia é natural o escritor galego Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado co Día das Letras Galegas o ano 2022. Aquí tamén naceu o recoñecido gaiteiro Leopoldo Quiroga Arias, quen formou o cuarteto Follas Novas de Córgomo.
Historia alt=|miniatura|195x195px|Memorial do gaiteiro Leopoldo Quiroga
Unha das primeiras referencias escritas a esta parroquia figura no Tumbo Viejo de San Pedro de Montes: no ano 1091 Salvador Aldetriz fai doazón dunha heredade "in villa quos vocitatant Cormego".
Lugares e parroquias Lugares de Córgomo
Parroquias de Vilamartín de Valdeorras
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilamartín de Valdeorras
Categoría:Parroquias de Vilamartín de Valdeorras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Marta