Pedro Castro, nado o 23 de xaneiro de 1975 en Santiago de Compostela, é un cineasta galego especializado en vídeos musicais.

Traxectoria Aos dezaseis anos marchou estudar o bacharelato a Nova Orleáns, e continuou nos Estados Unidos ao licenciarse en Historia da Arte nos Ánxeles.

Na industria do cine comezou como operador de cámara en Last Days, o filme de Steven Spielberg. Posteriormente comezou a traballar na industria dos videoclips musicais, producindo e dirixindo vídeos para artistas fundamentalmente da música latina nos Estados Unidos, como Chayanne, Julio Iglesias, John Secada, Carlos Baute ou Keith Urban.

Vida persoal Ten dous fillos do seu primeiro matrimonio. En 2013 casou coa cantante española Raquel del Rosario, vocalista de El sueño de Morfeo.

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes