San Vicenzo de Elviña é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 15.255 habitantes (7.569 homes e 7.686 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en 259 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia de Elviña pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Historia Nesta parroquia atópase o Castro de Elviña. Nesta parroquia tivo lugar a batalla de Elviña no curso da Guerra da Independencia Española.

Trala aprobación da Constitución española de 1812 e a creación dos concellos constitucionais, a parroquia de San Vicenzo de Elviña integrouse no concello de Oza xunto ás parroquias de San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma e Santa María de Oza. En 1912, o concello da Coruña anexionou o concello de Oza, pasando Elviña a ser unha das cinco parroquias da Coruña.

En 1989, foi creada a Universidade da Coruña, sendo construídos os campus de Elviña (no lugar tradicionalmente coñecido como As Mariñas DouradasXurxo Souto (2005) "O centro e a periferia. A vivencia do emprego do galego na Coruña" Lingua e cidade. I Xornadas sobre lingua e usos. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. (pp. 58-59), nun terreo que xa se expropiara en 1963 para construír unha fábrica de fertilizantes"La última aldea de A Coruña " El Correo Gallego) e mais da Zapateira dentro dos límites da parroquia. Dende entón, a expansión do Campus de Elviña á custa das históricas localidades de Elviña e de Castro de Elviña, levantou as protestas dos veciños que teñen que facer fronte ás continuas expropiacións e á especulación urbanística"La resistencia de la aldea de A Coruña" El País (04/04/2008)"Los más expropiados del concello" La Opinión A Coruña (01/04/2009). A este problema únense as expropiacións do Parque Ofimático (XuxánO parque Ofimático cambia de nome de xeito oficial a Xuxán) que xa destruíron lugares como As Cernadas e Galán e teñen proxectado derrubar parte da aldea de Elviña"Novas mobilizacións na Coruña para evitar o desafiuzamento de 12 familias" Galicia Confidencial (29/08/2014)"'O que queren construír aquí é outro Gaiás'" Sermos Galiza (25-05-2013).

Notas etnográficas Para cantar e beilar, as nenas da Pelengrina; para beber a perrita, as borrachonas de Elviña O colector desta cantiga, Pérez Ballesteros, explica que "Pelengrina é unha parroquia do Burgo, próxima á Coruña". Actualmente, O Burgo é lugar e parroquia do concello limítrofe de Culleredo, e nin Pelengrina nin forma parecida figuran no Nomenclátor. Segundo Eladio Rodríguez, a perrita é unha "copa de aguardiente de caña, que tomaban en La Coruña los pescadores y marineros en ayunas, para entonar el estómago, al salir a sus faenas. Esta costumbre antigua llamábase 'toma-la perrita', y desapareció en la primera veintena del actual siglo" (refírese ó século XX)..

Patrimonio Ademais do Castro de Elviña e a igrexa de San Vicenzo de Elviña, consérvanse en Elviña dous hórreos centenarios de estilo Visma en bo estado, entre eles o da desaparecida reitoral de San Vicenzo de Elviña sobre a que se levantou o colexio das Franciscanas, que é un dos maiores da comarca, con 15×3,20 metros.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Elviña

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares da Coruña

Categoría:Parroquias da Coruña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo