San Pedro de Visma é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 2546 habitantes (1255 mulleres e 1291 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento de 10 habitantes en relación ao ano anterior. Moitos núcleos da parroquia (como San Roque de Fóra, Labañou, Os Rosales etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña, non sendo contabilizados nas estatísticas oficiais de poboación da parroquia a pesar de pertenceren a ela. A parroquia de Visma pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Patrimonio No lugar de Nostián está situado o Castro de Nostián. No lugar do Monte de San Pedro hai un parque que alberga instalacións dunha antiga batería militar. Igrexa de San Pedro de Visma, do século XIX, obra de Faustino Domínguez Domínguez.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Visma

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares da Coruña Hórreo tipo San Pedro de Visma

Categoría:Parroquias da Coruña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro