Esta páxina trata dunha parroquia de Galicia, para a planta véxase Sésamo.
San Martiño de Sésamo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Culleredo embaixo do monte de San Cosme e forma parte do Val de Veiga. Segundo o IGE en 2016 tiña 548 habitantes (290 homes e 258 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.
Xeografía Na parroquias converxen a saída da autovía A-6 e a terceira rolda da Coruña (AC-14.
A parroquia conta cunha escola infantil no lugar de Silvar, catro bares, un antigo campo de fútbol que era propiedade do cura e que lle doou ao pobo, posteriormente remodelado polo Concello que lle puxo pistas de fútbol e baloncesto, unha pista de área para o fútbol, novos vestiarios e unha pista para xogar ao paredón. Tamén está situado aquí o punto limpo.
Festas A finais de xullo e principios de agosto ábrese a ermida de San Cosme de Sésamo, do século X. Nela celébranse as festas na honra da Virxe do Carme e os santos Cosme e Damián.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Sésamo
Parroquias de Culleredo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Culleredo
Categoría:Parroquias de Culleredo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño