Santa María de Foxado é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 499 habitantes (250 homes e 249 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación en 38,5Páxina oficial do concello de Curtis, datos das parroquias km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 536 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

miniatura|Foxado no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Foxado no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).

Toponimia O topónimo «Foxado» faría referencia ás trampas ou foxos para cazaren os lobos que noutrora habitaban na parroquia.

Xeografía A parroquia está bañada polo río Mandeo. Ao seu paso por Curtis recibe as augas do río Portocastro, o Casteirón, o Ramalleira e o Deo, todos eles troiteiros. No último tramo o Mandeo esta represado pola Central Eléctrica da Castellana. Neste pequeno encoro pódense observar varias especies de anátidos, como o lavanco. Desemboca nel o río de Portabenza, que após nacer na parroquia fai de límite co concello de Aranga.

Historia Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Foxado perdeu o lugar de Samel, que pasou a formar parte da nova parroquia de Vilarraso, xunto con outros lugares procedentes de Muniferral, Aranga e Curtis. No entanto, a parroquia civil non sofreu perda ningunha e seguiu a ter os mesmos límites xa que, administrativamente, Vilarraso só se formou cos lugares das parroquias pertencentes ao concello de Aranga.

Demografía Foxado xunto coa contigua parroquia de Grixalba (no concello de Sobrado) aparecen no Censo de Pecheros de 1528 con 151 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 teñen 217 veciños, dos cales 215 son pecheros.

Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 138 637 902

Século XIX 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 160 48 184 171 171 – – Habitantes 700 240 980 920 977 1103 1069

Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 1196 1227 1251 1396 1294 1370 1069 720 695 574 536 525

Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 523 518 511 499 502 491 478 479 455 456 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 437 412 409 401 390 378 385 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Patrimonio

Igrexa de Santiago, en Paradela. Igrexa de Nosa Señora das Neves, en Foxado. Capela de San Xurxo, en Recareo. Capela de San Cristovo, que posúe un sarcófago antropomorfo. Casa de postas cun escudo en bo estado de conservación. Pazo de Abeledo. Castro do Castelo, onde apareceu o tesouro de Foxado. Castro de Pedreira. Castro de Remourán. Castro de Vila do Castro. Castromelas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Foxado

Parroquias de Curtis

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Curtis

Ligazóns externas Foxado na web do concello de Curtis

Categoría:Parroquias de Curtis Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía