Santa María de Fisteus é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 525 habitantes (273 homes e 252 mulleres) distribuídos en 51 entidades de poboación en 45Páxina oficial do concello de Curtis, datos das parroquias km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 740 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

miniatura|Fisteus no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Fisteus no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).

Xeografía Pola parroquia discorre o río Mendo con pequenos afluentes que, no século XVIII, movían uns vinte e catro muíños fariñeiros. Hoxe a maior parte destes muíños desapareceron ou están en estado de abandono.

Historia A parroquia chegou a ter dous coutos para a administración de xustiza: o de Fisteus e o das Merelas. O couto de Fisteus foi de Señorío de Bernardino Freire Moscoso; e o couto das Merelas era de Señorío do Mosteiro de Sobrado.

Coa aprobación da Constitución de Cádiz, o Antigo Réxime foi abolido durante o período entre 1812 e 1814, momento no cal Fisteus constituíu concello de seu ao se conformaren os primeiros concellos constitucionais. Este concello de Fisteus volveu estar vixente no trienio liberal, de 1820 a 1823, cando os concellos foron restabelecidos. Igual ca Curtis, que tamén conformou concello propio, estaba adscrito ao partido xudicial de Melide.

Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Fisteus perdeu os lugares dos Campos e A Lagoa, que pasaron a formar parte da parroquia de Rodeiro (Oza Cesuras).

O 10 de outubro de 1928 constituíuse a nova parroquia de Santa María de Lurdes, segregándose os seus lugares de Fisteus. Eclesiasticamente obtivo a total independencia após un decreto do arcebispado de Santiago de Compostela do 1 de febreiro de 1929.

En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, sendo incorporados á parroquia de Curtis os lugares dos Campos, Cencasas, Os Couceiros, A Lagoa e Porto, igual có lugar de Penas do Porto da parroquia de Vilarraso (Aranga).

Demografía No Censo de Pecheros de 1528, a parroquia ten 97 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 aparece con 68 veciños, dos cales 62 son pecheros. No Censo do Sal de 1631 ten 158 vasalos.

Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 193 875 937

Século XIX 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 239 159 131 258 259 – – Habitantes 1120 765 692 1310 1420 1562 1800

Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 2113 2146 1807En 1928 constituíuse a parroquia de Lurdes segregándose de Fisteus. 2083 1954 2088 1756 983 835 772 740 725

Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 707 703 696 687 657 646 633 625 599 574 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 574 559 546 533 534 535 525 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Patrimonio miniatura|Estela funeraria (S. I-V).Inscrición: "D[iis] M[amibus] S[acrum] / Iulio Seve / riano. Anno[rum] / XLVII memo / riam posuit / coniugi karissimo Pl / acidia Lupa / defuncto in valle Minei" (Consagración aos deuses romanos. Placidia Loba puxo este recordo en honor do seu queridísimo esposo, Xulio Severiano, morto aos 47 anos de idade no val do Miño). San Vicente de Fisteus (Curtis, A Coruña), exposto no Museo da Catedral de Santiago de Compostela A igrexa de Santa María de Fisteus é do século XIII e a igrexa de San Roque de Xabriño foi construída no século XVIII, xunto coa súa fonte de tres canos.

A casa brasonada de Balter co seu escudo en bo estado de conservación, e o antigo cárcere construído en 1791.

Patrimonio arqueolóxico Castro de Balter Castro de Esmorís Castro de Estremil Castro de Fisteus Castro das Merelas Castro do Porto Castro da Roda de Dentro, Castro da Roda, Castro dos Godulfes ou A Roda dos Godulfes

Etnografía Fisteus na cultura popular Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Fisteus

Parroquias de Curtis

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares de Curtis

Ligazóns externas Fisteus na web do concello de Curtis

Categoría:Parroquias de Curtis Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas