San Valentín é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.407 habitantes (717 mulleres e 690 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.766 habitantes.
Historia San Valentín deu nome á Cooperativa San Valentín, unha promoción de vivendas na Chousa de Perlío, propiedade de Astano, que conta cunha superficie de 64.000 m². Do desmonte desta zona saíu material para as ampliacións de Astano. A primeira fase foron 384 vivendas, rematadas en setembro de 1970. Outras 240 vivendas da II Fase iniciáronse en 1972. A parroquia foi creada en 1976.san valentín
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Valentín
Parroquias de Fene
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Fene
Categoría:Parroquias de Fene Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Valentín