Ramón Díaz Freijo, nado en Viveiro en 1848 e finado na mesma vila o 22 de maio de 1924, foi un médico, político e xornalista galego.

Traxectoria Iniciou estudos relixiosos, pero abandonounos para dedicarse á medicina. Activista revolucionario nos seus tempos mozos. Foi presidente do Comité Republicano de Viveiro, patrón do Colexio Insigne e director de Sanidade do Porto de Viveiro. Dirixiu o semanario El Vivariense na súa segunda etapa. Foi concelleiro de Viveiro.

Coñecido como "Pai dos pobres", pois atendía aos enfermos gratuitamente e, en ocasións, contribuía á compra de medicamentos e alimentos. Cos seus bens constituíuse en 1931 a Fundación Ramón Díaz Freijo onde atendían a doce pobres durante os meses de inverno. Os seus amigos erixiron un monumento na súa memoria en 1934.

Véxase tamén Bibliografía

A.Lage-Seara (2022) "Reloj de un conservador a un republicano. De Bartolomé Basanta a Ramón Diaz Freijo". Mundiario.

Categoría:Médicos de Viveiro Categoría:Xornalistas de Viveiro Categoría:Concelleiros de Viveiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1924