San Martiño de Duio é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 763 habitantes (393 homes e 370 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 784 habitantes.
Patrimonio A igrexa parroquial comezouse a construír en 1717. De estilo barroco, foi profanada polas tropas francesas na Guerra da Independencia, sendo reconstruída no século XIX.
Ten planta de salón cunha capela maior con sancristía acaroada ao lado norte e unha soa nave. A fachada principal é de traza pentagonal. Sobre a porta principal hai unha escultura de granito cunha imaxe que representa ao santo titular, San Martiño.
Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Duio
Parroquias de Fisterra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Fisterra
Categoría:Parroquias de Fisterra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño